Jump to ratings and reviews
Rate this book

Camiño bretemoso

Rate this book
A existencia dramática dun emigrante galego nas terras arxentinas da Plata e a Patagonia, narrada cunha linguaxe de incomparable beleza expresiva.

Esta novela relata a aventura humana dun emigrado galego na Arxentina. Escrita en primeira persoa, ofrécenos a visión do mundo do protagonista, un home xa na vellez que vai reconstruíndo na memoria moitos anacos da súa vida, na que abundan os acontecementos dramáticos e os xestos que nun segundo marcan para sempre a existencia dun individuo.

116 pages, Paperback

First published January 1, 1991

3 people want to read

About the author

Xosé Neira Vilas

95 books17 followers
Naceu en Gres, Pontevedra, en 1928. É membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas universidades da Coruña e da Habana, e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e Premio da Crítica Galega (ensaio). É un dos escritores clásicos da literatura galega.
Emigrou a Arxentina en 1949, onde fixo a carreira de Xornalismo. Foi Secretario Xeral das Mocedades Galeguistas, e Secretario da Comisión Organizadora do histórico Congreso da Emigración Galega. Casou coa escritora cubana, de ascendencia galega, Anisia Miranda, en 1957. Xuntos fundaron ese mesmo ano “Follas Novas”, editorial e distribuidora do libro galego no continente americano.
Colaborou na prensa galega de Buenos Aires e publicou nesa cidade o poemario Dende lonxe, en 1960, e a novela Memorias dun neno labrego,en 1961, ano en que Neira e Anisia van vivir a Cuba. Alí funda é dirixe a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística. Desempeña diversos traballos na administración, colabora na prensa, e exerce durante seis anos a xefatura de redacción da revista infantil Zunzún. Dende 1992 reside na súa parroquia natal, onde preside a Fundación que leva o seu nome. (A súa compañeira Anisia faleceu en 2009).

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
2 (28%)
4 stars
3 (42%)
3 stars
1 (14%)
2 stars
1 (14%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 of 1 review
Profile Image for aitana.
1 review
September 9, 2025
Ler a Neira Vilas sempre se sente como escoitar os contos dunha avoa arredor da cociña de ferro
Displaying 1 of 1 review