«As pantasmas da Casa Grande [...] converteranse en memoria.»
Cando se fala de historias familiares e sobretodo da "aldea", sempre hai algún factor que me parece marciano. Algún pai, algunha curmán, algunha tía, sobriño, fillo, neta... inclusive obxectos, lugares ou veciñanza que establecen relacións e lazos familiares que distan moito do que eu coñezo (xa sexa por vivilo, ou por lelo). Máis sin embargo, na Casa Grande, as familias dos Barcala e dos Rubio son tan reais que tiven que tomarme certo tempo en rematar unha novela tan curtiña.
A Casa Grande móstranos a realidade de forma realista, cruda, burda, soez máis empática dunha familia que perde o seu fío conector. A Casa Grande non pretende moito, pero acada un mundo, porque todas as personaxes, todos os obxectos e todas as formas de describir e escribir a estes forman parte do que (baixo a miña opinión) son as familias de eiquí.
Olaia non che anda con rodeos, fálache das crenzas problemáticas, dos traumas sen curar, dos maiores momentos escatolóxicos coa misma finura que un vello de aldea. E eso consigue engancharte para o resto da historia; les sobre Estela e enténdela, les sobre Marcos e compréndelo, les sobre Paulina e empatizas con ela, pasas polas distintas xeracións desta familia gretada coas pantasmas do pasado sobrevoándolles e choras, e frustras, e enfádaste con elus, porque semellan a xente que xa coñeces.
A historia ademáis descurre, principalmente, nunha vila "das de sempre", desas que che recordan de onde vés ti, cales son os teus comezos.
En resumo, A Casa Grande é unha novela curta, cun ritmo rápido, coa tenrura e realidade sórdida xustas en cada medida que che explica como funciona "a típica familia" (e como un psicólogo amañaría o 75% dos problemas, pero nunca están para "loqueros"), e como estas cousas que se levan facendo toda a vida lle afectan ás distintas xeracións.
A casa é o contorno arredor do cal se constrúe e move a familia. En A casa grande a morte da nai, María Estela, xunto coa posta en venda da casa familiar dá comezo ao relato das relacións destes fillos e netos. Estela, Marcos e Paulina, cada un coa súa vida, vense nese momento de orfandade final coa posta en venda da casa e o seu contido, as propiedades que os unían como membros da familia. Teñen que avaliar a súa vida anterior con cada elemento sobre o que hai que decidir e que os unía coa nai e co seu pasado.
O máis crítico son posiblemente as fotografías, polo seu poder evocador. Pregunteime por que non as escanearían todas para compartilas sen maior problema. Tamén a mesa, o secreter e outros obxectos cos que algún dos irmáns estableceu unha conexión que vai máis aló do que imaxinaban os irmáns.
Decidir, repartir, descartar é renunciar, recordar e pensar que facer con cada elemento. Deixalos atrás é cerrar unha porta ao pasado, un novo dó. Mesmo se a mesa de caoba non teu utilidade práctica ou o secreter acaba sendo un cambiador para bebés, deixalo ir non ten volta atrás. Por outra banda, a relación de cada fillo coa nai, coa casa e cos obxectos é diferente e non sempre é doado poñerse no lugar dos demais.
Gustoume moito pola profunda análise emocional das relacións dos personaxes e o conflito que se produce entre eles. Un conflito no que todos nos podemos recoñecer en algún momento da nosa vida. Unha grandísima novela!
Destaco a descrición das personaxes, que acabamos coñecendo a través de todos os feitos que se contan. Ademais, ten mérito que nunha novela tan curtiña se poida explicar toda a historia dunha familia e que as lectoras quedemos coa sensación de que entendemos por que foron ocurrindo os feitos ao longo dos anos.
Persoalmente, quedei con moitas ganas de coñecer máis cousas sobre a vida de calquera das dúas Paulinas! Parecéronme as personaxes máis interesantes :-)
Libro sobre o complicadas que poden chegar a ser as familias e como pese a ter convivido nunha mesma casa cada persoa vive a súa propia historia. Persoaxes que fan sentir o amor que se ten pola familia e o poder dos silencios e das feridas nunca faladas libro curto e sinxelo de ler.
Resumiríao en "fillos descobren que os pais eran persoas". Fíxoseme algo sobreexplicado en algunhas partes, e simplista noutras. Non conseguimos entendernos.
This entire review has been hidden because of spoilers.