Jump to ratings and reviews
Rate this book

Ventre de madeira

Rate this book

152 pages, Paperback

Published October 16, 2025

1 person is currently reading
5 people want to read

About the author

José Carou

4 books

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
0 (0%)
4 stars
0 (0%)
3 stars
3 (100%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 of 1 review
Profile Image for Ana Arias Castro.
177 reviews7 followers
February 7, 2026
Ventre de madeira é a novela breve coa que José Carou gañou o XXXI Premio de novela curta Manuel Lueiro Rei. Un libro que atopamos publicado en Galaxia e que recolle a pegada da morte no narrador e o pouso que esta deixou ao longo da súa vida.

Abre o libro coa morte da nai, que quixo deixarlle ao seu fillo unha cabana nunha árbore cando o prognóstico que tiña era xa definitivo. Así tería onde gorecerse en tempos difíciles que non habían tardar en chegar. Mais a morte dos maiores é algo que deixa cicatriz pero a vida vai asumindo.

Xa no finais dos anos 80 en Santiago o protagonista e os seus amigos e compañeiros na facultade de Filosofía exploran os camiños vitais a seguir: saen, pensan, falan, fuman buscando sempre o seu sitio no mundo. Entre eles Xiao, un personaxe singular, famento de historias que o levaban a roubar libros ante a impaciencia por facerse coas súas historias. Sempre correcto, sempre considerado, sempre sedento de máis libros, era o amigo perfecto nese Santiago que hoxe xa non existe. Moita reflexión sobre a vida, os lugares, o tempo. E un día Xiao desaparece e esa ferida foi difícil de soportar. Máis de trinta anos despois o narrador sente esa débeda con el, a amargura da vida posterior deixou portas sen pechar.

Esta novela presenta personaxes recoñecibles pero, para min como estudante en Santiago nesa mesma época, tamén lugares e sensacións xa perdidas na memoria. O atentado de Clangor, o ambiente nocturno, a cidade sen esas extensións posteriores, o problema da heroína. Por desgraza tamén os meus primeiros contactos coa morte e coa perda. Por todo iso, quizais, unha novela que me chegou fondo.
Displaying 1 of 1 review

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.