Jump to ratings and reviews
Rate this book

Etnicidade e nacionalismo. Actas do Simposio Internacional de Antropoloxía

Rate this book
A Sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega trata de levar a cabo, dende hai doce anos, a tarefa de convocar simposios nos que se aborden temas de especial interese para Galicia e outras terras do noso ámbito espacial e cultural. Froito desta arela foi o encontro do que estas Actas son resultado. Dedicado a un tema de especial actualidade, o de etnicidade e nacionalismo, permitiu que estudosos de Galicia, da Península e doutros países de Europa puidesen achegar unha visión da temática baseada na pluralidade, mais sempre orientada por unha reflexión científica. A variedade de enfoques e de casos presentados por especialistas destacados converte estas Actas nun documento fundamental para a reflexión sobre as identidades étnicas e nacionais alén de visións apaixonadas ou partidistas.
O encontro, como vén sendo habitual, estivo dedicado a unha figura galega destacada: don Manuel Murguía. A elección xustifícase polo feito de que D. Manuel foi no seu tempo un activo defensor da identidade diferencial galega e a súa obra un guieiro para quen queira saber sobre os inicios dun proceso de construción étnica e nacional de Galicia.

582 pages, Paperback

First published January 1, 2001

3 people want to read

About the author

Xosé Manuel González Reboredo

20 books3 followers
Xosé Manuel González Reboredo, nado en Lugo o 12 de outubro de 1946, é un antropólogo galego. Influído por Fermín Bouza-Brey, especializouse en prehistoria e etnografía galegas.

Licenciouse en Filosofía e Letras (especialidade de Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela en 1968, coa cualificación de Premio Extraordinario. Na USC foi profesor de prehistoria e etnoloxía entre 1968 e 1970 e encargado da cátedra na Escola de Maxisterio de Lugo, doutorándose en 1974 na mesma universidade. Catedrático de bacharelato (1980), foi profesor do Instituto Rosalía de Castro e de ciclo superior de Técnicos de Información Turística. Presidiu o Clube Nacionalista Alén Nós.

É colaborador e membro do padroado do Museo do Pobo Galego e responsable da Sección de Etnografía Material (cultura agraria) dende a súa fundación ata 1989 e membro da xunta reitora de 1987 a 1990, e membro da sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega, e dirixiu a sección de Etnografía e Folklore do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento de 1976 a 2001, do que tamén foi secretario e bibliotecario. Membro do Consello Editorial do Proxecto Galicia e coordinador dos volumes de Antropoloxía Cultural de Hércules de Edicións. Colaborou coas publicacións Anuario de Historia de la Antropología Española (Barcelona), Antropológicas (Universidade Fernando Pessoa, Porto), Cuadernos de Estudios Gallegos e Guía dos Libros Novos (Santiago de Compostela).

Membro das comisións técnicas de Etnografía e de Valoración de BICs da consellería de Cultura da Xunta de Galicia, da comisión de cultura da Deputación de Lugo e do padroado da Fundación Antonio Fraguas.

Participou en varias escavacións arqueolóxica, como a de O Buriz, Guitiriz, codirixida con Fermín Bouza-Brey e Carlos García Martínez.

Correspondente da Real Academia Galega dende 1972 e membro da xunta directiva da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
0 (0%)
4 stars
0 (0%)
3 stars
0 (0%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
No one has reviewed this book yet.