Santiago González Lopo, coñecido como Santiago Lopo, nado en Vigo o 2 de marzo de 1974, é un escritor, profesor e tradutor galego.
Actualmente é profesor de francés na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Iniciouse profesionalmente traducindo guións cinematográficos en inglés para televisión. Dende o 2000 colabora coa revista Unión Libre, onde publicou diversos artigos e traducións.