Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos. Desta volta, Xosé, un mozote de dezasete anos, dará conta en primeira persoa do acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando. Alí no Incio, Xosé coñecerá a beleza inquedante das irmáns Ana e Aurora e enfrontarase ás gadoupas dun animal que non ten medo do home nin do lume.
Xosé Miranda Ruiz, nado en Lugo o 18 de decembro de 1955, é un escritor galego.
Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Compostela en 1978, na actualidade é profesor de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Xoán Montes de Lugo.
Gañador do premio Modesto R. Figueiredo de 1988 con «Na terra sombría», conta cunha depurada técnica narrativa e cun discurso propio. Investigador da literatura galega de tradición oral publicou numerosas recolleitas de contos e con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba.
Buen libro para ir aprendiendo gallego, a pesar de su vocabulario rural y a veces desfasado. A pesar de ser una historia simple, está escrito de tal forma que te invita a seguir. El final me pareció un poco lioso y atropellado.
Es un libro que me mandaron leer durante la Educación secundaria en la asignatura de "Lingua Galega e literatura" y me gustó bastante. Es una lectura leve y fácil. Muy bueno para una tarde en la que no se sabe que hacer.
No me había gustado nada, todo el mundo flipando que que buena era y no sé que, y a mi me parece una cacota. Hay libros mejores que nos deberían hacer leer en clase de gallego antes que este, al menos más entretenidos.
Doulle 4 estreas porque comeza moi lento e de primeiras parece aburrido (non é así durante toda a lectura) tamén porque a metade do libro xa podes deducir cál é a resposta ao misterio do que trata o libro. Aínda así a mín gustoume moito.
Este libro sempre me lembra á miña adolescencia porque foi cando nolo mandaron ler no instituto. Volvendo a leelo dinme de conta de todo o transfondo histórico que tiña.