Jump to ratings and reviews
Rate this book

A identidade galega no mundo da globalización: Sociedade, Lingua e Cultura

Rate this book
No presente volume preséntase o resultado do VI Foro do Instituto de Estudo das Identidades (IEI), adscrito ao Museo do Pobo Galego.
Este sexto encontro promovido polo IEI realizouse arredor do tema [i]A identidade galega no mundo da globalización. Sociedade, lingua e cultura[/i], baixo a coordinación de Uxío-Breogán Diéguez e Dolores Vilavedra, en colaboración co Consello da Cultura Galega.
Vinte intelectuais, organizados en cinco mesas-coloquio, reflexionaron en conxunto durante meses sobre este relevante tema marco, e as súas derivadas, a partir de finais de 2019. Salvando o contexto pandémico, entre novembro e decembro de 2020 desenvolvéronse as presentacións das principais conclusións dos debates suscitados. No presente volume recóllense, así pois, os textos xerados a partir das devanditas reflexións e conversas mantidas en cada unha das devanditas cinco mesas-coloquio, moderadas por cinco especialistas en distintas áreas de coñecemento, a saber: [i]A identidade cultural galega en tempos de globalización[/i], coordinada por Paulo Carlos López, profesor de Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela; [i]Identidade, patrimonio cultural e territorio[/i], coordinada pola profesora Concepción Losada Vázquez, vicepresidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego e coordinadora do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI); [i]Medios de comunicación, novas tecnoloxías e identidade[/i], coordinada por Ramón Vilar Landeira, xornalista, escritor e exdirector de Vieiros; [i]Cultura popular, identidade e sociedade civil[/i], coordinada por Prudencio Viveiro Mogo, historiador e integrante do consello editorial de Murguía, Revista Galega de Historia e [i]Crear en galego nun mundo globalizado[/i], mesa coordinada por Manuel Blanco, xurista, escritor e membro do Padroado do Museo do Pobo Galego.
Após vinte anos do cambio de século, e inmersa Galiza na progresiva normalización dos enormes e significativos cambios estructurais que aquel trouxo consigo, agardamos que este volime coral deite algo de luz nun tema tan actual, coma complexo e relevante, dadas as consecuencias que o fenómeno da globalización está xa a ter en materia social, lingüística e cultural (e non só)

290 pages, Paperback

Published December 17, 2021

1 person is currently reading
1 person want to read

About the author

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
0 (0%)
4 stars
0 (0%)
3 stars
0 (0%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
No one has reviewed this book yet.

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.