What do you think?

Extramunde
Extramunde narra, co alento prendido nas entrañas, unha viaxe alucinada que vai da freguesía de San Andrés deica a illa de Borneo, pasando por Senegal, Camerún, o Cabo de Boa Esperanza, Mozambique, a illa de Madagascar, a badía de Trincomalee, as illas de Anamán e o estreito de Malaca. Unha novela que retrata o poder omnímodo da Igrexa nos tempos escuros da Inquisición e a navegación polos océanos Atlántico e Índico na procura de mundos afastados, para rematar nun poboado da tribo dos Dayaks, os cortadores de cabezas. Extramunde, escrita nunha prosa coidada, engaiolante, por veces vertixinosa, supón a culminación dun soñ a negación da diferenza, a procura da liberdade. Dividida en catro seccións, cada unha cun ritmo e cun alento diferenciado, admite varios niveis de lectura, pois é, ao mesmo tempo, novela de aventuras, de viaxes e de pausada reflexión. Unha novela que non vai deixar indiferente a quen se adentre no proceloso mar da escrita de Queipo.
376 pages, Hardcover
First published October 1, 2011
About the author
Xavier Queipo
48 books2 followersFrancisco Xavier Vázquez Álvarez, coñecido como Xavier Queipo, nado en Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1957, é un biólogo e escritor galego.
Licenciado en Bioloxía (1979) e Medicina e Cirurxía (1982) pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1989 vive e traballa en Bruxelas. Colaborou no portal web Vieiros, na Revista das Letras e no semanario A Nosa Terra, e, na actualidade, na revista Grial. Mantivo unha columna de opinión semanal no programa da Radio Galega Diario Cultural. En 2011 gañou o Premio Xerais coa novela Extramunde e en 2015 o Premio Blanco Amor con Os kowa.

Ratings & Reviews
Friends & Following
Create a free account to discover what your friends think of this book!
Community Reviews
Displaying 1 - 2 of 2 reviews
August 3, 2014
Relato moi coidado dunha viaxe entolecida cara á outra beira do mundo en fuxida feroz dunha Europa fanática e pechada. Queipo demostra un dominio maxistral da recreación de atmosferas moi diferentes, recreando ademais os espazos naturais cunha bagaxe científica pormenorizada.
May 30, 2021
Las 100 primeras paginas parecen relleno pero cuando llegan al barco empieza a ponerse bueno
This entire review has been hidden because of spoilers.
Displaying 1 - 2 of 2 reviews