Quem é o enigmático Scórpio? Quem é esse rapaz que cresce no Ferrol dos anos dez? Quem é esse brilhante estudante da Universidade de Santiago dos anos vinte? Quem é esse moço que embriaga de desejo as mulheres que conhece? Quem é esse novo poeta que escreve em galego? Quem é esse capitám republicano que luta contra os facciosos?
Ricardo Carballo Calero (desde 1981 asinou como Ricardo Carvalho Calero), nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990, foi un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua.
Dentro da súa extensa obra, cultivou a poesía (Pretérito imperfeito 1927-1961, 1980), a novela (A xente da Barreira, 1951) e o teatro (Teatro completo, 1982). Destacou no campo da crítica literaria con Sete poetas galegos (1955), Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1959), Historia da literatura galega contemporánea (1962), Libros e autores galegos I e II (1979, 1982), Estudios rosalianos (1979) e Letras galegas (1984). É autor, tamén, dunha Gramática elemental del gallego común (1966), Problemas da língua galega (1981) e Da fala e da escrita (1983). Está considerado como o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, postura que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou, no ámbito científico, do galego-portugués.
Empregou os pseudónimos de Eduardo Colmeiro e Fernando Cadaval.
Calculei ben o tempo para acabar este libro no Dia das Letras adicado ao seu autor, inda que espero que se traslade a celebración ata que realmente se poda facer tal.
Unha novela moi entretida e orixinal que xira arredor dun enigmático protagonista e que está narrada a múltiples voces e perspectivas por todas as personaxes secundarias que tocan tanxencialmente a vida de Rafael Martínez, Scórpio.
Carvalho Calero fai do Scórpio un protagonista totalmente idealizado, prácticamente perfecto en todas as facetas da vida nas que se centra, pese a non mostrar muito interese por nada nin por ninguén en particular. Todos os homes do libro o admiran e gustarían de ser coma el; todas as mulleres do libro suspiran e gustarían de estar con el. Realmente o Scórpio é un cliché e non unha persoaxe realista, e seguramente por eso se lle nega a voz propia que si teñen o resto de personaxes.
O interese da historia estivo para min máis no marco, a final da dictadura de Primo de Rivera, a República e a Guerra Civil, que nas propias personaxes. Particularmente as personaxes femininas son moi planas e só están no libro para prenderse de Rafael e suspirar por el, para botarse aos seus brazos, e para ser descritas por terceiros, e ás veces por si mesmas, como obxectos de desexo masculino. Carvalho Calero pinta unha muller cun único obxectivo na sociedade, casar e ter fillos, na época de Clara Campoamor ou da Pasionaria.
Pese a todo, o libro entretívome, e penso que vos gustará se queredes saber como un estudante ferrolano pode acabar como peza importante no exército republicano, case sen el querer, movido polas circunstancias.
Scórpio é o noso manga. Un romanticismo de educación cortante ao mesmo tempo que un erotismo patriarcal, ao estilo de Marmalade Boy, o anime que botaban na 2 de TVE.
O personaxe princial visto polos deuteragonistas segue a tendencia do perfil dun Sasuke-san, o calado, enigmático heroe, case con poderes, que non dirixe a acción pero é o protagonista dos dous xiros de guión. Plot twins que ,un, abre ao principio do primeiro acto en Santiago de Compostela e o final acaece no penúltimo, ao estilo das películas de Miyazaki. Ambos impresionantes, non atoparas nada igual no audiovisual actual.
O libro ten un nacionalismo derrotista pero que potencia a beleza da nosa bohemia. Ao igual que o xaponés.
Todo iso empacado cun comezo de estética adolescente, coma un Shōjo, para pasar ao belicismo da acción da Guerra Civil, iso si, contada da maneira máis detallada (cando detallada significa informativa) que eu tivese lido nunca.
Con este libro leveime unha moi agradable sorpresa. Mandáronmo ler no instituto e non pensei que me fose a gustar. É un libro moi distinto do que pode parecer nun principio que te engancha e non podes deixar de ler. Ademais segundo empezas a coñecer as personaxes tes ganas de saber máis delas e colleslle moito cariño a todas. Na primeira parte vemos a vida duns universitarios e as súas preocupacións (amorosas, en canto aos estudios, políticas...). En cambio na segunda parte mostra unha visión moi realista do que era a vida en España durante a guerra civil, sobre todo nas trincheiras. É un libro que recomendo moito! Se vos animades a lelo non vos preocupedes polo galego reintegracionista, non é ningún tipo de impedimento e entendese a perfección, e senón sempre podedes usar o dicionario Estraviz.