Ler en galego discussion

Fun Home: Unha familia traxicómica
This topic is about Fun Home
27 views
Clube de Lectura > Clube de Lectura. Xaneiro-Febreiro 2020 (Con Spoilers)

Comments Showing 1-7 of 7 (7 new)    post a comment »
dateDown arrow    newest »

Gonzalo | 23 comments Este é o fío para falarmos libremente sobre o cómic Fun Home. Existe outro sen spoilers, para quen aínda non rematou o libro.


Anton (antonmry) | 21 comments Rematado, gustoume, moi diferente de calquera libro que lera antes, tanto pola historia coma polo formato. Nótase o marcado carácter biográfico, a historia é moi sinxela pero dentro da cabeza da autora da moitas voltas e iso enganchoume. Gustoume a relación de pai e filla a través da literatura. ¿Qué opinades?. ¿Foi un suicidio ou non?


Gonzalo | 23 comments Acabo de rematalo no bus. Concordo con todo o que dis Antón, ainda que penso que moitas das referencias literarias non as pillei.
Para min non foi suicidio, pero por un detalle que igual non entendín correctamente. Eu penso que un suicida tiraríase ao camión , e seica el salta cara atras por unha serpe que ve. Canto menos é algo menos claro que o de Anna Karenina.


Susi Piñeiro | 26 comments Remateino hoxe e pasoume coma a Gonzalo, moitas das referencias literarias non as coñecía. Non obstante, estivo ben. É unha historia moi sinxela que cho di todo ao principio e despóis vai desenvolvéndoa por partes. Non hai moita sorpresa despóis de coñecer que o pai era gay.

Gustóume moito o emprego das tonalidades azuis nas ilustracións, dame a sensación de que a cor acompañaba esa situación de sosiego que ela foi quen de vivir cando morreu o seu pai. Despois de rematar, busquei un pouco sobre Alison Bechdel e seica antes desta novela debuxaba en blanco e negro porque o seu pai tiña unha obsesión polos colores e, cando foi escribir Fun Home, decidiu non verse tan influenciada por él e por iso pasou ao color.

En canto ao suicidio, eu creo que non foi tal, penso que ela busca probas por todos lados de que o pai tiña planeado matarse, pero que realmente foi un accidente.


 auria (auria) | 13 comments Susi, a min tamén me gustou moito o uso dos tons azuis. A verdade é que a edición é preciosa.
Remateina onte (tiven que encargala e tardou un pouco en chegar á libraría) e penso darlle outra voltiña cando poida. Creo que dei cunha incongruencia temporal, cando o revise cóntovolo.
Sorprendeume gratamente. Agardaba unha historia máis ou menos moderna, polo tema de fondo, pero do que lle chaman "novela da vida cotiá". Pola contra, as referencias literarias que se van entrelazando coa vida das personaxes danlle máis interese e profundidade.
Gustoume moito o traballo de explicitar as emocións de modos non convencionais (determinadas conversas, rexistros no diario etc.)
O tema de integrar textos entre as ilustracións (cartas, notas, parágrafos subliñados) pareceume moi fermoso, por máis que as veces eses textos se lean con dificultade.


Anton (antonmry) | 21 comments Eu tamén inclínome polo accidente, non tanto pola serpe (entendín que era unha apreciación do camioneiro pero que non se sabía se houbera realmente unha serpe, dentro do contexto maniático do pai de aparentar o argumento que eu interpretei da filla é que foi un suicidio disfrazado de accidente) coma pola sección na que comenta que negábase a pensar que o motivo do pai fora o divorcio, en lugar da sua saída do armario e o sentimento de culpabilidade asociado... se negaba o divorcio como para aceptar que foi un simple accidente.

Moi interesante o das referencias literarias, cores, integración de textos... non me dera de conta e é certo que son un bo punto.


Marta | 23 comments Eu remateino agora. Collino esta semana. Tamén desfrutei moito da historia, de como está contada, das referencias bibliográficas. Penso que aínda que moitas sexan descoñecidas, narra a historia de tal maneira que podemos comprender a relevancia das obras na súa vida... por exemplo cando fala de Colette ou o paralelismo con Ulises. É dicir, que entendemos máis ou menos como se identificaban coas personaxes e as historias. Tamén ao usar referencias a mitos gregos e á Odisea.

E di que non acababa de sentirse unida a seus pais, ou polo menos con seu pai que non estaban o suficientemente unidos, pero a verdade mostra conversas con eles bastante máis profundas das que eu imaxinaría cos meus...

E gustoume moito a reflexión que fai na páxina 236 (acabo de miralo) para referirse á "verdade érotica" do seu pai, e di que "non debería finxir saber cal é a do meu pai". É coma se quixese xustificalo, ao igual co suposto accidente do camión, pero realmente non se sabe a verdade e non debería afirmalo con tanta certeza. Aínda que despois volve ao paralelismo con Dédalo-Ícaro pensándose a ela como Dédalo e seu pai como o fillo que cae dende o ceo cando, segundo ela, se suicida.
Aínda que hai un pouco de superposición nestes dous roles... Por que cando el lle da o libro de Colette, por exemplo, sendo consciente ou non da posible identificación que puidese ter Alison co libro, máis ben sería el o que está no papel de Dédalo, non? Ao igual que na escena final dela tirándose na piscina.

Xa oíra falar do test de Bechdel antes, non me decatei que era a mesma persoa ata que collín o libro na biblioteca.


back to top