Jump to ratings and reviews
Rate this book

Tres segundos de memoria

Rate this book
Un mozo de trinta anos, parado e á espera da próxima oferta de precariedade laboral, deambula pola vida contándonos o seu día a día sen especiais proxectos de futuro e sen contas que saldar co pasado. O protagonista é unha persoa sociable e ocorrente, vítima do que el denomina o post´fracaso, unha actitude con fortes doses de cinismo ante a vida. O fío condutor de toda a narración é a interacción dese personaxe cos seus amigos e amigas sen moitos máis obxectivos visibles que o disfrute do sexo.

216 pages, Paperback

First published October 1, 2006

1 person is currently reading
27 people want to read

About the author

Diego Ameixeiras

21 books25 followers
Traballou como guionista para varias series emitidas pola TVG (Terra de Miranda, Os Atlánticos, Matalobos) e como colaborador nos xornais Diario de Pontevedra e El Mundo. Foi coguionista das longametraxes 18 comidas (Jorge Coira, 2010), pola que recibiu un Premio Mestre Mateo ao mellor guión, e La mujer del Eternauta (Adán Aliaga, 2011).

Publicou dúas novelas de serie negra ambientadas en Ourense: Baixo mínimos (2004) e O cidadán do mes (2006), protagonizadas polo detective Horacio Dopico. O estilo destas dúas obras, parodia do hard-boiled enchido de dialectalismos correspondentes ás falas de Ourense, aproxímano á produción narrativa de Bieito Iglesias.

En 2006 gañou o Premio Xerais de Novela con Tres segundos de memoria, obra catalogada como "xeracional" pola crítica e cuxo argumento narra o día a día dun personaxe anónimo atrapado na precariedade económica e sentimental. Escrita con humor, a novela está chea de referencias literarias e musicais; así, por exemplo, nun dos seus capítulos o autor homenaxea o autor Nick Hornby de High Fidelity. En 2009 publicou a súa cuarta novela, Dime algo sucio, que foi, xunto con Sete palabras de Suso de Toro, o primeiro libro electrónico publicado pola editorial Xerais. Traducida ao castelán por Pulp Books, esta novela significou un cambio de rumbo na traxectoria do autor, centrado agora en problemas espiñentos como a pederastia. Dime algo sucio recibiu o Premio Especial do Director da Semana Negra de Xixón na súa edición de 2011, ex aequo con Las niñas perdidas, de Cristina Fallarás.

En setembro de 2010 editouse a novela Asasinato no Consello Nacional, que se converteu nun éxito de vendas. En 2011 gañou o premio de novela por entregas de La Voz de Galicia con Historias de Oregón, publicado no xornal durante o mes de agosto.

Colaborou no monográfico A falacia da sustentabilidade, editado por Renderén.

Na actualidade escribe en La Voz de Galicia.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
14 (23%)
4 stars
16 (27%)
3 stars
23 (38%)
2 stars
5 (8%)
1 star
1 (1%)
Displaying 1 - 3 of 3 reviews
Profile Image for Opiniondesolapa.
205 reviews3 followers
November 5, 2024
É unha lectura que non aporta nada.

Teño que dicir que faise amena, mais iso é todo o positivo.
Tamén é certo que as metáforas son boas pero cando escribes cun linguaxe tan figurado non é doado deixar claro a idea que se pretende expor.

Non sabemos que pasa finalmente ni con Lorena, Mario e Andrea. Creo que é o libro con más referencias sexuais que lin até hoxe.
Displaying 1 - 3 of 3 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.