Jump to ratings and reviews
Rate this book

Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete

Rate this book
Primeira obra narrativa de Castelao. Publicada no 1922 co subtítulo “Memorias dun esquelete”. No prólogo diríxese ao lector o propio Castelao, que explica cómo atopou as memorias do esquelete que seguen a continuación. Éstas son unha serie de secuencias narrativas que non gardan outra unidade que a de estaren contadas por un mesmo narrador (o esquelete, que lembra sucesos da súa vida pasada) a dous colegas do cemiterio, percibidos a través da prótese de vidro que lle tapara, de vivo, o oco dun ollo perdido. A temática de ultratumba xa fora abordada por Risco con tratamento semellante do humor negro, pero hai nesta obra, coma no resto de obras de Castelao, unha dose de tenrura inusual no mestre ourensán. É ben significativa da súa concepción do humor a súa cita de Mark Twain inserida por Castelao no inicio do libro. Este humor de Castelao non é alleo á sátira social de carácter anticaciquil.

34 pages, Paperback

First published January 1, 1922

47 people want to read

About the author

Alfonso Daniel R. Castelao

70 books63 followers
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademáis, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural inmaterial.

A Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Día das Artes Galegas 2016 polos "extraordinarios méritos artísticos" da súa obra.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
35 (40%)
4 stars
23 (26%)
3 stars
20 (22%)
2 stars
6 (6%)
1 star
3 (3%)
Displaying 1 - 10 of 10 reviews
Profile Image for Sara.
65 reviews1 follower
July 15, 2025
Perfecto coma sempre, iso si, doulle catro por ter ficado intrigada por saber a experiencia do paisano no cemiterio da aldea.
Profile Image for meri.
5 reviews
February 9, 2025
tocoume ler este relato para o instituto un pouco a regañadentes, pero atopei unha historia moi disfrutable, cun humor cargado de críticas sociais que aínda se poden aplicar ao mundo actual. é moi sinxelo de entender, tanto que nn vexo necesario buscar ningún estudo para interpretar nada.

así a interpretación personal medio fumada notei q se pode relacionar a súa estrutura ca de frankenstein de mary shelley. ambas historias tratan sobre a morte dende distintos puntos de vista, e cunha estrutura semellante de dobre narrador (deixando de lado a parte na que narra a criatura en frankenstein).

logo, pareceume interesante como castelao trata o tema da morte como unha continuación da vida, o paso a outro mundo (como penso q mencionaba en cousas da vida). curiosamente, a vida despois da morte segue sendo a mesma merda de sempre, con abusadores (coma o cacique ou o inglés) e vítimas (as do vampiro, ou o rapaz q era agredido polo inglés).

q grande era castelao carallo
This entire review has been hidden because of spoilers.
Profile Image for Tania.
113 reviews4 followers
January 26, 2023
Un conto sobre a vida dun esqueleto nun cemiterio de cidade.

Moi curto e con historias curtas mesturadas, onde se poñen de manifesto os problemas da época.

Lese moi rápido, aínda que non ten un carácter moi profundo.
Profile Image for kei.
9 reviews3 followers
October 30, 2024
“querido Pedro: velaí che deixo un ollo de vidro pra que vexas, papel e lápiz pa que escribas. Serás o rei niste cementerio; mais eu prégoche que non te fagas cacique… perdóname, amantiño, que non che dea un bico. Adeus e deica logo.”
Profile Image for María.
31 reviews
October 11, 2024
Rinme! Un pracer ler a Castelao, «os caciques son capaces de facérense os mortos pra seguir vivindo a conta dos malpocados». Grazas ás opos estou lendo moito!
Profile Image for Juan.
33 reviews1 follower
December 23, 2025
"Vampiros hainos; pois logo,polo si ou polo non, debían queimarse a tódolos caciques. Os caciques son capaces de facérense os mortos pra seguir vivindo a conta dos malpocados"
Profile Image for Ricardo Mena.
121 reviews10 followers
June 8, 2017
Una digresión sobre el humor y un cuentito sobre un esqueleto que con su ojo de cristal ve lo que pasa por la noche en el cementerio
Profile Image for Uxía Ramallo.
29 reviews
December 26, 2025
Os caciques son capaces de facérense os mortos pra seguir vivindo a conta dos malpocados.

Era un sarxento de bigote arrichado fumando un puro con anilla.
Non quixen saber máis e funme deitar.
Displaying 1 - 10 of 10 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.