Jump to ratings and reviews
Rate this book

Dos arquivos do trasno (Literaria)

Rate this book
"O conto é o remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz". Esta é unha das sentenzas que no limiar do libro dá Dieste sobre a súa forma de entender o relato. E presenta a continuación contos breves, intensos, de linguaxe estilizada, nos que o sobrenatural e o misterioso se introducen na realidade. Un anticipo do realismo máxico situado nas vilas mariñeiras de Galicia.

105 pages, Paperback

First published January 1, 1926

6 people are currently reading
116 people want to read

About the author

Rafael Dieste

41 books7 followers
Rafael Francisco Antonio Olegario Dieste Gonçalves, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1899 e finado en Santiago de Compostela o 15 de outubro de 1981, foi un escritor republicano galego do exilio, que pertenceu á chamada Xeración de 1925.
Cos seus contos e pezas de teatro, entre as que destacan «A fiestra valdeira» (1927) e «Dos arquivos do trasno» (1926), tentou modernizar o sistema literario galego afastándoo do ruralismo.
Atribúeselle en boa parte a creación do denominado Teatro Nacional Galego.
Dedicóuselle do Día das Letras Galegas de 1995.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
54 (15%)
4 stars
112 (32%)
3 stars
104 (30%)
2 stars
51 (14%)
1 star
20 (5%)
Displaying 1 - 29 of 29 reviews
Profile Image for Maria Lago.
486 reviews140 followers
May 3, 2019
Cheo de ledicias sorprendentes e aterradoras, é o libro perfecto para ler nas noites de inverno. Metade lendas populares, metade colleita propria, Dieste non fai senón fomentar a Galiza de meigas e meigallos que tanto amamos.
Profile Image for Elisa.
67 reviews7 followers
December 29, 2023
Creo que ler un resumo non lle fai xustiza a este libro. Todos os contos son únicos. Os do comezo definitivamente teñen esa tristura da literatura galega da primeira metade do XX, cos temas típicos como a morte, a emigración, a pobreza, etc. Os do final son un pouco mais “wholesome”, pero todos gustáronme moito.

Ás veces usa vocabulario moi específico ou enxebre que non controlo, pero se entende ben. Recomendadísimo, pero se o vades ler, tedes que estar no “right headspace” porque algunhas historias son bastante fortes lol
Profile Image for Vestealva.
46 reviews2 followers
January 31, 2024
Um conjunto de curiosos contos encaixados na cultura e sociedade galegas da época. Som relatos breves e a maioria deles nom tenhem demasiada história a contar, baseando-se mais na insinuaçom.
Profile Image for Tania.
113 reviews4 followers
December 16, 2023
Aínda que o título pode dar a entender que se tratan de historias de terror, son un conxunto de relatos sobre os sentimentos e valores das persoas, case todos eles con final inconcluso.

Os contos son curtos e de fácil lectura. Algúns son magníficos e outros son superfluos, pero todos eles están escritos de maneira extraordinaria.
Profile Image for Alejandro.
11 reviews1 follower
July 21, 2022
Son uns relatos cun estilo moi característico. Utiliza unha linguaxe moi propia e local que as veces custa entender sen un glosario. Algúns dos relatos son moi bos!
Profile Image for Arturo Real.
179 reviews5 followers
July 16, 2020
Unha delicia de compilación de relatos breves. Moi áxil e de narrativa flexíbel e apegada á raíz oral do galego, cos arquivos do trasno Dieste pódese sentir un como no carón da lareira nunha noite de inverno, nun espazo sempre cambiante máis sempre familiar de historias entre fantásticas e tristemente reais
Profile Image for Fabulantes.
502 reviews28 followers
October 25, 2018
Reseña: https://www.fabulantes.com/2018/10/do...
"Dos arquivos do trasno se nos presenta como un texto caleidoscópico con muy distintas y plurales lecturas. Por un lado, podemos acceder a él como un estudio pragmático de la teoría del cuento. Por otro, podemos tomarnos sus textos como un juego híbrido de estilos, pues se mezcla con sobresaliente habilidad el marco realista con el fantástico, regalándonos algunas piezas de extraordinaria intensidad lingüística y habilidad simbólica. Leeremos estos cuentos como a un retrato antropológico y una crítica social intensa y duramente dirigida a una sociedad gallega que olvida los sufrimientos del trabajo duro y miserable, que relativiza el calvario de su emigración, y que cierra los ojos ante los problemas derivados de un nuevo mundo —en 1926 todavía en formación— que es nuestro desalentador presente".
Profile Image for I.N. Lema.
Author 1 book3 followers
July 31, 2021
Rafael Dieste, nado en Rianxo en 1899.
Do libro que nos compete (publicado en 1926), cabe cita-los temas propios dos escritores galeguistas da súa xeración: a emigración e a morte son os principais. Destes xorden outros elementos como as presenzas de noite, mortos que rebulen no cadaleito, soños coa morte e a resurrección.
Hai vida máis alá da morte?
Escollín o libro pola boa crítica, pero nos me gustou tanto como esperaba. Unha pega son algunhas das verbas usadas, que nin sequera aparecen na RAG actual.
Soamente quero resalta-lo conto de "O vello que quería ve-lo tren" porque é unha historia terna, sobre todo, pola complicidade avó-neto. Incluso se fixo un curto en 1995, ano adicado a este escritor no Día das Letras Galegas (17 de maio). Lémbroos moi ben, tanto o conto coma o vídeo, na clase de Literatura Galega.
Profile Image for Paula Seoane.
14 reviews
November 23, 2024
Hai de todo. Os primeiros contos parécenme moi bos pero dende A morte de Estreliña bastante meh, mais que contos son coma pequenas estampas de personaxes ou pequenas vivencias e creo que aí se perde un pouco a capacidade de envolver ao lector e a pulsión dos anteriores. Despois, a partir do caso dos tres fornos parece que volve construír ben a narración e leva ao lector consigo mais volve perderse na pequena peciña de teatro do xadrez. Destacar destes últimos o de oncemil novecentos vinte e seis, unha distopía en toda regra que sorprende estar escrita no 62.

511 reviews2 followers
December 14, 2022
¡Qué bonitos! Cuentos cortos y geniales, llenos de sentido, muchas veces increíblemente actuales, hasta premonitorios. Once mil novecentos vinteseis… es casi precuela de The Road (qué angustia, qué visión del ser humano). Terrores de siempre (enterrados vivos, habitaciones vacías en la noche…) Ese “Neno suicida” que antecede tantos años a La increíble Historia de Benjamin Button … Consiste en observarnos a nosotros mismos, y saber contar.
Profile Image for María.
97 reviews4 followers
June 27, 2023
Valoro positivamente «Dos arquivos do trasno» por dous motivos. Un, porque hai que ter un gran dominio da narración para escribir relatos tan breves mantendo a tensión do lector. Dous, porque as temáticas e a ambientación dos contos reflicten a esencia da nosa terra —morte, emigración, etc.—.
Profile Image for Gema.
5 reviews1 follower
May 20, 2023
Non fun capaz de rematalo, non entendía nada
Profile Image for Fatu.
476 reviews4 followers
September 27, 2023
No me acuerdo, fijo que aburridísimo porque son relatos y escrito por un señor aristocrático. Tiene dos estrellas porque me gusta el título.
Profile Image for Eva.
17 reviews10 followers
Read
January 18, 2025
just “Sobre a morte do Bieito”
Profile Image for Iria.
32 reviews1 follower
November 12, 2025
Igual é que son un pouco cagueta, pero prefería non telos lido de noite
Profile Image for Taty.
20 reviews
August 1, 2023
Non me gustou nada, moi aburrido :(
Doulle dúas estrelas porque algúns contos estiveron ben, pero a maioría moi mal...
Displaying 1 - 29 of 29 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.