Ambulancia é unha novela negra e redonda, que unha vez rematada deixa moi bo sabor de boca. Suso de Toro non só consegue unha novela negra senón tamén unha certa epopea urbana. (Vicente Araguas, Leer, Madrid). As pantasmas da cidade e as súas paixóns circulan por ambulancia como formas extremas do vivir de cada día. As imaxes desgarradas e a paisaxe de homes sen atributos constitúen o cerne da novela. (Diario 16 de Galicia). Ambulancia, de Suso de Toro, ten frescura, ambiente urbano, estética negra e realismo sucio. (Marcos Valcárcel). A poética narrativa de Suso de Toro é unha poética da precariedade, do residual e da carencia que se instala nos arrabaldos da cidade emblemática, para configurar, non épicas ancestrais, senón escuetas, frías e impasibles traxedias urbanas. (Adolfo Sotelo, El Observador, Barcelona). O estilo de suso de Toro é moi directo, cun trasfondo duro e violento, reflexo dunha sociedade determinada. (Pemón Bouzas, El Correo Gallego).
Xesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego.
O seu pai é de Formariz (provincia de Zamora) e a súa nai de Falapaso (Camboño, Lousame). Seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor.
É Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. É guionista para televisión e colaborador habitual na prensa e na radio, publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra, ademais de ser traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas.
En abril de 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira de profesor de secundaria.
Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 concorreu na lista Os Pobos Deciden. En abril de 2014 foille concedida a Creu de Sant Jordi.
"No canto, eu non aspiro a trascender esta modesta épica urbana contemporánea que é a novela negra e só pretendo facer un libriño de narracións delictivas que entreteñan ao lector. Se conseguín atrapar e entreter ao lector, ben. Se non, pois mal".
Andadas delictivas do Petete por Santiago adiante cun cano e un can, nada máis que dicir.
Δεν είμαι φαν των αστυνομικών, αυτό που με κέντρισε ήταν το Σαντιάγο ντε Κομποστελα, το οποίο έχω επισκεφθεί. Δε με συνεπήρε, όμως δεν ειμαι ίσως και ο πιο έμπειρος στην αστυνομική λογοτεχνία
Unha lectura rápida e sinxela. Mostra unha parte escura pero existente na sociedade, como o mundo dos suburbios se enlea en si mesmo, sendo complexo escapar.