Un bo estudo propiamente fundado e ben citado sobre Butler e a súa filosofía. Amais, encántame a frase escollida para a súa presentación: "Sempre fun feminista. Isto significa que me opoño á discriminación das mulleres, a tódalas formas de desigualdade de xénero, pero tamén significa que reclamo unha política que teña en conta as limitacións que o xénero impón ao desenvolvemento humano". O itinerario que presenta Butler ata o día de hoxe é complexo, pero o seu pensamento foi capaz de destacar nun réxime marcado polas convencións sociais do século XX.