
Melissa Shook
Construíron barcos e casas / sobre a táboa rasa da chuvia
e da fame.
Todo isto, estes poemas, Luísa Castro, a súa traxectoria, teñen
que ver co medo que Annie Ernaux enuncia en torno á imposibilidade de fuxir do
legado hitórico da clase na que se nace –podería dicir familia e estaría sendo igual de
rigoroso–.O alcolismo, unha muller nova que queda embarazada.
Sempre, todo, é e non é un estrago.
En cambio, Luísa de novo o alcolismo –propio– e o
embarazo –da irmá–. O pai que está e non está: a verdade. Vergonza e lugar en Ernaux,
viaxe para ambas.
Dise na contra de Los
hábitos del artillero que ese é un libro fundado no paradoxo, malia estar
baseado nunha indagación puramente dedutiva (os animais, a infancia, o mar). Ou
quizais precisamente por esa razón.
A evidencia propicia a conxectura. Na conxectura non hai
nada ou está todo. Cal é a viaxe? O mariñeiro dirá que o barco.
Se algo se fai evidente, non se oculta pero choca. É un
todo que descompón e acontece.
A conxectura tería que ver entón co poema, coa súa
posibilidade. Coa viaxe e coa vergonza.
Published on December 02, 2016 03:49