Os fillos da fame

image

Ana Teresa Barboza


velaquí, para rematar o ano, e agradecidísimo por tanto, algunhas das cousas que se dixeron neste 2016 sobre Os fillos da fame:


Sen dúbida ningunha, Os fillos da
fame
é un dos mellores libros que lin nos últimos tempos.





Román Raña, Faro da Cultura

Un libro felizmente innovador,
felizmente arriscado.





Ramón Nicolás, Caderno da crítica

Con 22 anos, o poeta de Mazaricos convértese nunha das
grandes promesas da literatura galega mercé a este libro que enche de luz e de
potencia o salón algo acomodado da poesía propia. 





César Lorenzo Gil, Biosbardia

E sen dúbida é esa mestura a que
consegue a profunda evocación que a maioría dos poemas deixan nas persoas
lectoras e que, en certo sentido, fan de Ismael Ramos o poeta orixinal e
novidoso que é. Unha aposta que recupera elementos da vella noción de poesía
lírica, pero sen asocialos a ningunha das súas cargas formais ou temáticas. […]
Un libro que non deixa indiferente e que, en certo sentido inaugura a
primeira dunha restra de promesas felizmente cumpridas.





Mario Regueira,
Sermos Galiza

O carácter envolvedor e o coidado da linguaxe poética –“unha ferida sen
coitelo”– fan de Os fillos da fame un
libro sorprendente, ao tempo que prometedor na traxectoria dun xovencísimo
Ismael Ramos.





Chus Nogueira, Tempos Novos

Nestas páxinas hai unha vontade firme de habitar o territorio do eu que se
foi configurando no paso da infancia-adolescencia  á etapa adulta, precisase facer reconto do
camiño andado, determinar o corpo, a vergonza, e saber qué fume enche o sangue,
onde a potencia do cereal na boca dos peixes. […] Sólida estrea de Ismael Ramos
en Os fillos da fame.





Armando Requeixo, Criticalia

Porque hai aquí símbolos, feridas, lembranzas que están máis alá da razón,
ecos que alimentan os versos dos poetas dende sempre, pero que non todos son quen
de apreixar e de expresar.

Os fillos
da fame
 é, nese
sentido, un libro dunha extraordinaria madurez, tamén unha proposta de
liberdade. 





Francisco Fernández Naval, no
blog A noite branca

Velaquí unha voz feita, propia; branca “como o final do verán”.





Alba Cid, Grial

 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on December 31, 2016 07:29
No comments have been added yet.